|
Menda aparentaba
ser unha avoa pero non o era, porque nunca tivera netos. Como vivía soa,
para pasar o tempo apuntouse nun cursiño de bruxa. Quería ser
unha bruxa boa. A primeira profesora que lle veu á casa, a bruxa
Apática, tróuxolle unha vasoira supersónica, que ela non
deu dominado e liscou voando. Presentouse logo Afónica, que lle deu a
escoller mascota. Decidiuse por un robot, ao que lle encomendou a misión
de recuperar a vasoira. A terceira bruxa, Apócema, pretende converter en
rato leirón a unha nena de sete anos amiga de Menda. Pero esta
interponse e colle a aparencia dunha rata enorme. Para romper o maleficio
viaxan ao país das bruxas, onde logran recuperar a súa forma
humana e mesmo liberar a milleiros de nenos, que as bruxas converteran en
ratos. |