|
Había unha vez tres irmáns que pasaban o día brincando dun
lado para outro. A súa nai dicíalles que non fosen ao bosque pois
nel vivía unha bruxa con dentes de ferro que come os nenos e cos
ósos fai o valado que rodea a casa. Un día o irmán maior
dixo de ir porque non lle tiña medo ás bruxas, o mediano dixo
vale e o pequeno, como lle chamaron cagainas, dixo que ía tamén.
Adentráronse no bosque enorme e escuro e empezaron a sentir medo na
noite. Pero non sabían como volver á casa. Desde unha
árbore, o pequeno descubriu a luz dunha casa ao lonxe. Alá
foron. Abriulles unha vella, que lles deu a cea. Mais o pequeno desconfiaba
dela, non pegaba no sono e coa luz da lúa viu o valado de ósos de
nenos pequenos. Cando a bruxa entrou no cuarto e o atopou esperto, el
díxolle que non durmía porque antes a mai sempre lle dá un
ovo fritido. Ela foille por un. Ao cabo dun pouco, seguía igual. Desta
vez, porque polas noites a mai tamén lle dá figos pasos, que ela
lle trae; despois, porque lle falta a auga do pozo nunha peneira. Alá
lla foi buscar a bruxa, deixando o xabón, un peito e un coitelo, os seus
obxectos máxicos, na cociña. El espertou os irmáns,
colleron os obxectos e liscaron da bruxa; ela perseguiunos regañando os
dentes de ferro, pero sen ser quen de pillalos porque lle tiraron o
xabón, que se converteu nunha montaña de espuma; logo, o peite,
que se cravou no chan converténdose nunha ringleira de árbores;
finalmente, o pequeno lanzoulle o coitelo, que caeu diante dela abrindo unha
fenda imposible de saltar. Eles non pararon de correr ata que saíron do
bosque. Ela volveuse para a casa e alí quedou para
sempre. Álbum con espléndidas ilustracións a cores a
toda páxina. |