| Alberto Varela
Ferreiro: Brrumm-Brrumm (Un conto con rodas) Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2004 |
|
Hai
moitísimo tempo existía un mundo onde os coches eran os donos.Os
habitantes daquel mundo estragaran a súa paisaxe para que os
automóbiles puidesen circular sen problemas, desfacendo montañas
enteiras e cubrindo todo de asfalto. Homes e mulleres botaban case todo o tempo
dentro dos coches e gastaban todos os seus aforros en mercar o modelo dos seus
soños. O noso amigo Brrumm-Brrumm nacera nunha gran fábrica na
que os robots facían diariamente miles de vehículos coma el. Cada
día daba voltas para atopar un sitio libre onde aparcar
coidándose dun inimigo terrorífico, o Guindastre. O día
máis feliz para el era o domingo, o día do autolavado, pois
entraba nos túneles cheo de lixo e saía encerado e brillante.
Mais esa felicidade duraba pouco, pois unha pinga de auga ou un pouco de lama
deixábano sucio como sempre. Era como un porco mecánico: sempre
estaba comendo e lixándoo todo, alimentábase de combustible que
dixería mal e logo botaba gases moi contaminantes. |
|