| Xoán
Babarro: O boneco de neve Ilustracións de Carmen Queralt Col. Cabaliño Alado. Serie Trote. Combel Editorial. Madrid, 2001 |
|
Era unha vez un sol borroso e un vento que traía a
mensaxe dun oso polar que falaba de neve. O vento espalla a fresca mensaxe
polas rúas e montes e un branco manto de neve póusase en todas
partes. A nena e o neno saen ledos xogar fóra, facendo dúas
enormes bólas de neve. Póñenlle nariz, ollos, chaleco,
boca de boneco... Pero cando sae o sol derrete o azucre da rúa e o vento
rescata o boneco amigo, pequeno xa coma un figo, levándoo de veraneo ao
país do oso. |
|
|