blix



Pepe Carreiro: Os Xogos Olímpicos de Beijing
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008

Os Xogos Olímpicos de Beijing

Os Bolechas van a Beijing, a capital da China, para participar na carreira de remudas dos Xogos Olímpicos. Alí agárdanos catro amigos chineses que tamén van competir. Como a carreira é ao día seguinte e eles non saben a hora nin o estadio, dínllelo mediante unha mensaxe os amigos, pero tardan en entendela pois non está escrita en ningunha das variantes chinesas, senón en forma de xeroglifo. Finalmente, logo de andar á busca por diferentes instalacións, conseguen chegar ao estadio nacional Niño de Paxaros.
E non o fan tan mal, pois acaban no podio. Polo que han celebrar a fermosa experiencia.

28 p. - 17x17 cm.                                               ISBN    978-84-8341-204-6



Opinion