blix



Pepe Carreiro: Os bolechas xogan ao baloncesto
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas, 27. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

Os bolechas xogan ao baloncesto

Hoxe os irmáns Bolechas van botar un partido de baloncesto cuns amigos. No equipo azul están: Braulio, Loli, o neno da gorra e o americano, que é o máis alto. No vermello, Sonia, Carlos, Pili e a nena loira. Tatá e Chispa non poden participar porque non saben xogar.
Comeza o partido. Carlos salta pero o neno da gorra faille un tapón e o balón non entra. O neno americano pilla o rebote, foxe co balón e dun chimpo méteo no aro. Claro, el xoga ao baloncesto nun equipo de América e controla moito. O equipo azul vai gañando. A nena loira colle o balón, pero é moi lenta porque ten o mal de Down. Bota o balón desde o medio do campo e encesta: ¡triple! O equipo vermello gañou o partido. Ao final, todos acaban cansos. Menos Chispa, que non para de lamber a Sonia.
E Tatá tamén quere xogar ao baloncesto: ¡vai meter o balón nunha papeleira!

20 p. - 17x17 cm.                                               ISBN    85-95350-52-1



Opinion