| Pepe Carreiro:
Os Bolechas van á hamburguesería Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 26. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
![]() |
Os
imáns Bolechas van merendar de hamburguesería.
Póñense á cola e encargan cadansúa hamburguesa: a
Sonia encántanlle con queixo, Pili pide unha con espárragos,
Carlos unha completa con leituga e tomate e bótalle mostaza porque lle
gustan as cousas picantes, Tatá vai comer patacas fritas. Pero aparece
un pequeno problema: Braulio pediu unha peituga de polo e cando se pon a
remexer o ketchup para botarllo á peituga, císcao polo aire:
está emporcando todo. A amiga Carol achégase a saudalos e pousa
os brazos sen querer no bote de mostaza: agora tamén vai a mostaza polo
aire. Isto é unha porcallada. Ao que rematan a merenda, botan o lixo no
contedor. Para Chispa, que non puidera entrar por ser un can, gardoulle Carlos
un cacho de hamburguesa. |
|