| Pepe Carreiro:
Os Bolechas van ao parque de atraccións Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 25. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
![]() |
Os irmáns Bolechas van pasar o día ao parque de
atraccións. Montan todos na montaña rusa, agás
Tatá, porque é demasiado pequeno, e Chispa, pois os cans non
poden ir nela. Como é tan empinada e dá tantas voltas, Braulio
mareouse. Entran despois na casa do terror, chea de monstros e morcegos que
parecen de veras, e Loli papa un bo medo. Soben logo aos coches de choque, onde
se alían contra un neno que bate con todos. E finalmente levan a
Tatá nos coches... para bebés. |
|