| Pepe Carreiro:
Os Bolechas van pola rúa Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 9. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2000 |
![]() |
Os irmáns Bolechas saen de paseo. Vaia, Chispas fixo caca; Pili bótaa na papeleira. Hai que ter coidado e cruzar a rúa cando o moneco do semáforo se pon verde. Aínda que unha furgoneta non parou: é mellor agardar a que os coches estean parados. Collen o autobús para o parque e van nos asentos para non caeren. A Chispa, como non lle está permitido montar, lévao un veciño no seu coche. E xogan no parque ata que os vén buscar a mamá. Chispa fai a volta no maleteiro. |
|