| Pepe Carreiro:
Polo río Lérez vai un
peixiño Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 |
![]() |
Os Bolechas están a explorar o río Lérez en Pontevedra e
atópanse con Xiana, a dona de Gluglú, o peixe que rescataran no
mar de Lira. Ao pasaren pola pasarela Glugú salta do acuario e
bótase ao río. De súpeto un corvo mariño
érguese da auga co peixiño no peteiro. Montan nunha lancha por
ver de pillalo. O corvo, ao chegar á ponte dos tirantes,
enguedéllase nestes e Gluglú cae outra vez ao río. Pili,
Loli e mais Braulio bótanse á auga para rescatalo. O río
está cheo de salmóns. Cando o van rescatar, tres lampreas
bótanse contra o peixe e os tres irmáns, como lles teñen
medo a esas "cobras" do río, soben á lancha. Ao pasar polos arcos
da ponte do Burgo, un reo veterano papa a carnada dun pescador sen se ferir
slavando así a Gluglú, que coa súa inocencia había
picar. O perigo logo está en que chegue ao mar, pois el non pode vivir
na auga salgada xa que é un peixe de auga doce. Carlos e Braulio
métense na auga para impedilo |
|