| Pepe Carreiro:
Os Bolechas rifan no cuarto de baño Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 31. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003 |
![]() |
Carlos é o primeiro dos irmáns Bolechas en
erguerse. Cando está a lavar os dentes, aparece Braulio no cuarto de
baño, que se pon a facer gargarexos para enxaguar a gorxa e
bótalle sen querer un xorro a Carlos, quen lle devolve un chafariz coa
auga da billa do lavabo que bate na cara de Pili, quen lle contesta cun xorro
da ducha, que lle dá a Sonia nos fuciños. Entón entra Loli
e recibe na cara o xorro de Pili e o vasazo de enxaguar a boca de Sonia, ao que
Loli responde abrindo as billas da bañeira. Están todos pingando
e o cuarto de baño sulagado, polo que cómpre secalo. |
|