blix



Pepe Carreiro: A televisión
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas. Aprende xogando. Pinta e colorea. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

A televisión

Coa axuda dos irmáns Bolechas imos aprendendo que para facer televisión precisamos unha cámara, un emisor, unha antena e un televisor ou receptor. Que hai distintas clases de programas: os de información ou telexornais, os concertos ou culturais, e tamén os concursos, que son programas de entretemento. Que traballa moita xente: realizadora, carpinteiros ou actrices... Que o programa pódese gravar en plató ou fóra, mediante unidades móbiles. E que se sae ao mesmo tempo que se está a gravar é en directo; pero se o vemos a unha hora distinta, entón emítese en diferido.
Alternan as páxinas con unha liña de texto coas que reproducen a mesma ilustración sen colorear, para que os primeiros lectores a iluminen con lapis de cores.

20 p. - 20x16 cm.                                                           ISBN    978-84-8341-077-6



Opinion