blix



Pepe Carreiro: A princesa de Ribadavia
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

A princesa de Ribadavia

En Ribadavia celébrase todos os veráns unha festa medieval, na que a xente vai vestida con roupas antigas como as que se usaban na Idade Media. Os Bolechas van á festa deste ano. Quedaron coa súa amiga Urraca. Como o rei da festa a nomeou princesa de Ribadavia, ela irá de princesa da festa, Carlos de príncipe e os demais serán as súas damas de honor e os seus cabaleiros; Chispa fai de cabalo. Desfilan os xigantes e cabezudos e Tatá, malia que é un cabaleiro, tenlles medo, cre que son de verdade. Un cabezudo pisa a Urraca, que perde entón o zapato esquerdo. Búscano e non aparece. Así non poderá ser a princesa da festa. Carlos inténtao a cabalo e descóbreo na boca dunha cadela, que corre por paredes e tellados até que el consegue sacarllo da boca, no da casa do zapateiro. Este pídelles que escusen a súa cadela pois está feita a lle levar e traer os encargos e debeu pensar que era para arranxar. Carlos, coa cara rabuñada e a capa furada, está orgulloso: portouse como un verdadeiro príncipe azul. E dan chegado ás 12 en punto ao castelo para que o rei da festa nomee a Urraca princesa de Ribadavia; a Carlos Bolechas, príncipe; aos irmáns, damas de honor e cabaleiros e a Chispa, palafrén real.
E Urraca está tan feliz que, como nos contos, bica a Carlos.

28 p. - 17x17 cm.                                               ISBN    978-84-96203-59-4



Opinion