| Pepe Carreiro:
O campión das Pontes Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007 |
![]() |
Os
Bolechas están nas Pontes celebrando a festa da Fraga. Móntanse
cabanas á beira do río e eles paran na das súas amigas
Rebeca e Lorena, dúas xemelgas que só se distinguen polo lunar
xunto á boca. Celébranse moitos concursos e eles participan no de
tiro con arco: fixeron cadanseu arco cun pau e un cordel ben tensado. Felipe
Eduardo, un rapaz fachendoso, compite cun arco olímpico e por iso
gaña. Ao día seguinte hai un concurso de escalada e como leva
mellor esquipamento, e ademais vai á escola de escaladores, volve
gañar. Por último queda o da regata de piraguas, pero el ten unha
piragua olímpica e vai á escola de remeiros. E, claro, volve
derrotalos. Até que o convidan a unha partida de parchís. Por fin
perde. |
|