| Pepe Carreiro:
O poldro de Gondomar Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005 |
![]() |
Os Bolechas foron ver o curro de cabalos bravos a Gondomar, onda o amigo
Camilo. O avó deste merca un poldro bravo, que intenta escapar cando o
levan para a casa. Teñen que amansalo. Lévanllo a un domador
inglés, para que coñeza un cabalo de carreiras puro sangue,
campión de Ascot, e ao día seguinte o poldro xa se deixa montar.
Pero non se sabe mover con elegancia: xúntano cun cabalo andaluz e ao
día seguinte anda gallardo como o cabalo dun toureiro. Mais ten pouca
forza nas patas, polo que lle cómpre a compaña dun cabalo
ardenés e o seu adestrador, para que faga exercicios de
musculación. Como segue a ser algo bruto, déixanllo a un mouro
para que o eduque, pois ten un cabalo árabe. Lévano ao monte e
comproban que o poldro xa non parece o mesmo. |
|