| Pepe Carreiro:
Os Bolechas fan pis Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 21. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
|
Os
Bolechas están a durmir. De pronto, Carlos érguese e vai facer
pis. Tamén Sonia e Braulio, pero estes dous teñen que agardar
pois o cuarto de baño está ocupado. Aparecen tamén Loli e
Pili: hai cola. Como hai tantos mirando, a Carlos non lle sae o pis e pecha a
porta para mexar tranquilo. Tócalle a Sonia, pero Braulio non dá
resistido e molla un pouco o calzón. Vén Chispa, que se pon a
mexar no corredor, en vez de facelo no parque. Pili e Loli fan pis xuntas,
porque son xemelgas. Xa mexaron todos. Poden durmir tranquilos. |
|