| Pepe Carreiro:
O cinema Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas. Aprende xogando. Pinta e colorea. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 |
![]() |
Coa axuda dos irmáns Bolechas imos aprendendo que o
guión é o primeiro que se fai nun filme. Que interveñen os
actores e actrices seleccionados nun "casting", a quen os modistos vesten, a
perruqueira e o maquillador caracterizan e mesmo os dobradores poñen as
voces. Que o desprazamento da cámara chámase "travelling". Que
nun filme pode haber tres tipos de sons: os diálogos, a música ou
banda sonora e os ruídos. Finalmente, cando está rematado
distribúese polas salas. Ademais, poden ser de moitos xéneros:
musicais, do oeste, etc. |
|