| Pepe Carreiro:
Naufraxio no mar de Lira Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005 |
![]() |
Os
Bolechas, para saber como traballan os mariñeiros, van ao porto de Lira,
onda Pepe e o seu neto Pepiño. Aprenden a pescar con nasa e mesmo collen
un polbo, que traen a vender á lonxa. Pepe lévaos á caseta
onde garda os aparellos de pesca, e explícalles para que serven. De
pronto, o fareiro Nemo enxerga un iate que está a naufragar e avisa a
Pepe: soben todos á lancha del para ir rescatalo. No iate están
unha muller e unha rapaza, moi triste porque o seu peixe quedou nun acuario
dentro do barco, e é de auga doce! Mergúllase Braulio, mais non
lle queda aire nos pulmóns para chegar a traelo; bótanse logo
Pili, Loli e Pepiño, mais aínda que o ven teñen que volver
á lancha abafados. Ante o asombro de todos, o vello mariñeiro
é quen logra rescatalo. |
|