| Pepe Carreiro:
Os Bolechas están namorados Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 23. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
![]() |
Paseando, os Bolechas atopan a amiga Marta, que saúda a
Carlos cun bico. Este queda emocionado, co corpo como un flan, ¡porque
é o seu noivo! Fito e Sito, os xemelgos, bican as súas amigas
Pili e Loli, e elas senten calafríos, atordadas: ¡están
namoradas! Montserrat bótalle un bico a Braulio polo aire,
deixándoo apampado, co corpo como unha crema catalana. ¡Outro
namorado! Sonia non entende nada e embóbase con Amadeo, que toca a
guitarra e canta; cando este lle toca as mans e a súa cadela Bolboreta
ulisca a Chispa, a cadela e Sonia, embobadas, senten cóxegas na barriga.
¡Todos os Bolechas están namorados! |
|