| Pepe Carreiro:
Por Monforte en locomotora Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 |
![]() |
Os Bolechas chegan a Monforte de Lemos en locomotora. Agárdaos o amigo
Xosé co avó, que é o xefe da estación. O
bisavó, xubilado que non oe ben e tamén foi maquinista,
amañou unha locomotora vella, a súa Mikadiña, con rodas de
camión para poder andar polas rúas. Lévaos nela de paseo.
A xente e as cigoñas afástanse ao seu paso porque vai sen
control, pois o "bisa" coa calor do fogón adormeceu e non hai maneira de
espertalo. Mándanlle unha mensaxe ao avó por Chispa. Dende a
torre do castelo, observa que van polo camiño de ferro cando está
a punto de chegar o comboio de Barcelona, o Catalán. Chocarán con
el se non saen da vía. Axudado polo pai de Xosé, para o
Catalán e cambia as agullas para que non choquen. Entón, por fin
o avó esperta e detén a máquina. E así remata o
paseo. |
|