| Pepe Carreiro:
Miss Cangas Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 |
![]() |
Os
irmáns Bolechas van a Cangas a pasar uns días coa súa
amiga Caetana, que ten un bulldog de nome Wellington. Unha amiga dela, Patri,
ten un dálmata, Luca, que gañou o concurso de beleza de cadelas:
é Miss Cangas. Adéstraa para que estea esvelta, porque a vai
presentar ao concurso de Miss Mundo en Londres. Marchan ao día seguinte,
pero esquecen a cadela na súa maleta de equipaxe cando montan na lancha
para subir ao cruceiro. O pai de Caetana lévaos no seu barco de pesca
intentando dar alcance ao cruceiro, mais corre tanto que non hai xeito de
alcanzalo. Regresan a terra e desde un cabo xunto ao cal pasa o cruceiro,
avisan a Patri e a súa nai, que están a tomar o sol na cuberta.
Entón bótanlles a maleta con Miss Cangas dentro, pero
ábrese e a cadela cae ao mar. Menos mal que un mariñeiro a
rescata cun aparello de pesca. E así pode viaxar a Londres... |
|