| Pepe Carreiro:
Os Bolechas teñen gato Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 20. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2001 |
![]() |
Os
irmáns Bolechas traen para a casa un gato que lles regalaron. Pero a
Chispa non lle gusta o intruso: ladra e rosma en canto o ve. Cando Loli lle
leva o leite, o gato nin se atreve a probalo porque Chispa bótase a el.
E escapa pola xanela, quedando na cornixa do edificio. ¡Vai caer á
rúa! Loli procura collelo cunha vasoira. Menos mal que a Carlos
ocórreselle poñerlle unha sardiña atada a unha corda e o
gato vén detrás dela. Está salvado. |
|