blix



Pepe Carreiro: A fraga de Cambre
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

A fraga de Cambre

Os Bolechas están en Cambre pasando uns días co amigo Antón, que lles ensina, facendo de guía, as ruínas romanas no museo. Ao saíren, Chispa dá chimpos como un carneiro e ládralles a varios animais (un esquío, un raposo, unha cobra, un ourizo, paxaros...) que se viñeron para onda a igrexa. Na ponte atopan máis, e bandadas de aves fuxindo para un tellado. Todos abandonaron a fraga e néganse a volver a ela. Algo raro pasa. Os irmáns acordan ir á fraga a ver qué puido asustar os animais todos. Entón descobren, estarrecidos, un crocodilo enorme. Eles, como os animais, foxen asustados. É moi raro, pois en Cambre nunca houbo crocodilos. Vanllo contar á mestra de Antón, que lles explica que ten que ser un crocodilo africano, que abandonou alguén ou liscou dun circo. O bombeiro Lois, co engado da carne logra meter o animal no carro. E mándano en avión á súa terra de África. Entón os animais regresan á fraga pois xa non teñen nada que temer.
E os Bolechas van á biblioteca e atopan un libro marabilloso: "O bosque animado", que conta precisamente unha historia de animais na fraga de Cambre.

28 p. - 17x17 cm.                                               ISBN    978-84-8341-129-2



Opinion