| Pepe Carreiro:
Os Bolechas van a un festival Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 29. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003 |
![]() |
Carlos e Pili presentan o festival da escola. Como é
lóxico, trabucándose un pouco. Os da clase de Sonia empezan a
actuación facendo ximnasia rítmica: hai que bater moito a cintura
para que non caia o aro. Logo, toca a orquestra, cos músicos vestidos de
gala. Braulio toca a frauta; outros, a pandeireta, o xilófono ou o
triángulo. O grupo de teatro de Loli representa "A bela durminte do
bosque": Tatá vai disfrazado de coello e Chispa fai de cabalo. |
|