blix



Pepe Carreiro: Os Bolechas festexan o Nadal
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas,37. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Os Bolechas festexan o Nadal

Os irmáns Bolechas van festexar o Nadal na casa dos avós. Xúntanse moitos convidados: os outros avós, a curmá Flora, os pais e tamén os tíos da curmá pequerrecha. Canta xente! Adornan o abeto e cando Sonia intenta pór a corneta no cimo da árbore, cae todo. Tatá lisca coa chupeta da curmá: sábelle máis que o seu. Por fin todos á mesa: a comer bacallau con coliflor, que a Braulio non lle gusta. Tatá quere o biberón da pequena en lugar da súa comida e Loli métese debaixo da mesa para facerlle cóxegas ao avó como se fose un rato; logo, tamén os outros se agachan alí. De súpeto entra Papá Noel cun saco cheo de caramelos. Pero Tatá tíralle o gorro e o bigote e descobren que é o avó disfrazado.
Así, entre cantos e brindes, todos celebran a festa.

24 p. - 17x17 cm.                                               ISBN    978-84-8341-130-X



Opinion