blix



Pepe Carreiro: Os Bolechas van de excursión
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas, 7. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2000

Os Bolechas van de excursión

Os Bolechas van de excursión cos compañeiros e a mestra. Tamén Chispa e Tatá. Carlos quere o asento dianteiro. Á compañeira de Loli gústanlle as motos... Cando chegan ao destino, o monte, xogan nenos contra nenas a puxar dunha corda. As nenas perden, pero seica os gañadores puxaron antes de tempo. Todos merendan ben despois de tantísimo esforzo, agás Carlos, ao que se lle meteron formigas no bocadillo de queixo. Volven cansos e durmindo no autobús escolar.
Pouco falta xa para chegaren á casa.

20 p. - 17x17 cm.                                                       ISBN    85-95350-43-2



Opinion