| Pepe Carreiro:
O Xurés Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas descobren a natureza. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007 |
![]() |
Os
Bolechas e Silvestre van ao parque do Xurés, entre Galiza e Portugal.
Para andalo, móntaos Silvestre nun garrano, o cabalo mansiño
típico da zona. Paseando descobren a vaca cachena, que ten os cornos en
forma de lira; a aguia albela, tan escasa; un merlo rubio, que chega a Galiza
en primavera desde África; as cabras bravas recuperadas logo da
súa desaparición da zona; o mergullón cristado, pato que
se mergulla na auga cando está en perigo; as víboras
fuciñudas, que se distinguen polo corno que teñen no
fuciño e moitas especies de bolboretas. Ademais, ven piñeiros
silvestres e miliarios romanos, que marcaban a distancia nas calzadas. E
marchan contentos polo fermoso día que disfrutaron. |
|