| Pepe Carreiro:
O esteiro do Miño Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas descobren a natureza. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007 |
![]() |
Os
Bolechas e Silvestre van nun globo visitar o esteiro do Miño, no que
poden ver moitos animais: a aguia peixeira, que pesca na auga; a becacina
cabra, achantada na herba; a cobra de colar nova, que caza ras na auga; o
rascón, que se agacha entre os carrizos; o mergo cristado, pato de
peteiro moi longo. Como por momentos non dan gobernado o globo,
afúndense no río e ven sábalos, lampreas e salmóns,
até que finalmente dan sacado o globo da auga e marchan de regreso e
satisfeitos, mentres unha curuxa das xunqueiras queda ollando para
eles. |
|