blix



Pepe Carreiro: O canón do Sil
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas descobren a natureza. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007

O canón do Sil

Os Bolechas e Silvestre percorren en globo o canón do Sil, na Ribeira Sacra. Desde o alto poden ver moitos animais: pousado nun balcón está o lendario corvo carnazal; o falcón peregrino, un dos animais máis veloces do mundo; as anduriñas dáuricas, coa súa característica mancha clara na parte superior da cola; a papuxa cabecinegra, que se agacha no mato; a cobra lagarteira, que se quenta ao sol á agarda de lagartos, e un miñato queimado que os vén despedir. Cando marchan, unha raxada de vento lévalle o sombreiro a Silvestre.
Colección que introduce a ilustración dos irmáns Bolechas nunha aventura de coñecemento sobre un fondo fotográfico.

20 p. - 17x17 cm.                                                           ISBN    978-84-8341-134-6



Opinion