blix



Pepe Carreiro: Os Bolechas teñen unha curmá
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas, 32. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003

Os Bolechas teñen unha curmá

Os Bolechas teñen unha nova curmá, que veñen coñecer ao hospital. Pili trae un regalo para o bebé, que é moi pequeniña porque naceu hai un día e por iso pasa o día a durmir. Tatá, como é máis grande, cóllelle a chupeta. Entón a curmanciña pega a chorar e a tía arrólaa no colo e todos lle fan carantoñas para que non chore. Pero Tatá ten ciumes dela porque agora xa non é el o máis pequeno da familia e tíralle dos pelos. ¡Ala!, faina chorar outra vez.
A enfermeira báñaa con auga morna. ¡Aínda ten o embigo inchado como un globo! Logo, a tía dálle de mamar. E Tatá tamén quere teta. Pero se el é un bebé grande e xa come papa. Pili abre o regalo da curmá. ¡É un biberón! Pero Tatá tamén quere o biberón. Como non para de berrar, danllo para que cale. Agora teñen que lle mercar outro á curmá...

20 p. - 17x17 cm.                                               ISBN     84-96203-47-6



Opinion