blix



Pepe Carreiro: Os Bolechas cortan o pelo
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas, 13. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2001

Os Bolechas cortan o pelo

Os Bolechas van cortar o pelo. Agardan sentados e contentos. Cada un quere un corte diferente. Pero Tatá non as ten todas consigo: non quere cortar nada, nin tampouco o chorro de auga na cara, do lavado. E chora cando van empezar: ¡a ver se lle van cortar as orellas! Sonia fai un peiteado "afro" con boliñas de cores nas trenzas. Pili déixao "á taza". Carlos queda coa cabeza rasurada: parece unha laranxa. Braulio sae con crista "punki". Loli ten un peiteado de mociña. ¿E Tatá? A Tatá cortáronlle os dous pelos que tiña.
Só falta Chispa. Lévano, claro, a un salón de cans.

20 p. - 17x17 cm.                                                       ISBN    84-95350-75-0



Opinion