blix



Pepe Carreiro: Como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas queren saber..., 19. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008

Como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán

Os primeiros xogos olímpicos celebráronse na honra do deus grego Zeus, na cidade de Olimpia. Neles só participaban homes e as mulleres casadas non podían entrar no estadio. Dende a XV edición, os atletas competían nus. Dende que as prohibiu un emperador romano no s. IV, por seren unha homenaxe a un deus grego, até 1896 non houbo más competicións olímpicas. A partir de aquí, celébranse cada catro anos nun país distinto. As especialidades deportivas abranguen dende o atletismo até a ximnasia, nas súas diferentes modalidades, que se explican nas súas regras básicas.
Os Xogos Olímpicos do 2008 celébranse en Beijing e os do 2012 terán como marco a cidade de Londres.

30 p. - 24x17 cm.                                                       ISBN    978-84-8341-239-8



Opinion