blix



Pepe Carreiro: Como se fai a televisión
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas queren saber...,14. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Como se fai a televisión

Os Bolechas visitan uns estudios de televisión para saber como se fai a televisión. Precísanse a cámara, o emisor, a antena e o televisor. Hai diferentes tipos de programas, informativos ou de entretemento que se fan no plató, onde se constrúen os decorados. Os técnicos de luz ou de son, o rexedor e o realizador fan que todo se vexa ben. Pero traballan moitas persoas: os grafistas, carpinteiros, presentadores, tec. Pódense utilizar tamén platós virtuais. E a transmisión pode ser en directo, mediante unidades móbiles, ou en diferido.
Unha vez que xa saben como se fai a televisión, os Bolechas despídense desde a pantalla.

30 p. - 24x17 cm.                                                           ISBN    978-84-8341-071-4



Opinion