| Pepe Carreiro:
Como nacemos Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas queren saber...,13. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005 |
![]() |
Sonia Bolechas pensa que viña dentro dun ovo cando
naceu, pero iso non pode ser porque a súa nai non é unha
galiña. Ela naceu, como os outros irmáns, da barriga da
súa nai, pero non da do seu pai. Os corpos do home e da muller son
diferentes. O pai mete o pene na vaxina da mamá e un espermatozoide
xúntase cun óvulo: unidos forman un embrión. Vai medrando
o feto durante nove meses no útero. E cando chega o día, vai a
mai ao hospital, onde cun gran esforzo pare o naipelo. Córtase o
cordón umbilical e comeza a vida fóra. Chispa tamén naceu
da barriga da nai, pero despois de dous meses. |
|