| Pepe Carreiro:
Cómo é unha biblioteca Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas queren saber...,8. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003 |
![]() |
Os
Bolechas van á biblioteca, que lles mostra a bibliotecaria. Os libros
poden ser de diferentes tamaños. Están ordenados por materias.
Pódense localizar mirando no arquivo. Os irmáns collen cadanseu
libro: Carlos, un cómic de superheroe; Pili, un de piratas; Loli aprende
a facer maxia; Braulio está a ler un de inventos; Sonia aprende as
palabras máxicas nun libro de bruxas; Tatá dálle o chupete
á ovella que aparece no seu libro de animais sen letras. Como é
hora de pechar e non remataron os libros, a bibliotecaria failles o
carné de socios para que os poidan levar á praia. |
|