| Pepe Carreiro:
Os Bolechas van ao circo Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 14. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2001 |
![]() |
Chegou o circo á cidade e os Bolechas acoden á
sesión infantil. Actúan a domadora romanesa cos seus
simpáticos chimpancés (un vai onda Loli e asusta a Tatá),
os trapecistas rusos, o asombroso mago galego que separa un corpo en dous, os
domadores de Mongolia cos seus leóns e tigres, o home máis forte
do mundo, un americano que ergue máis de cincocentos quilos (Carlos
inténtao sen éxito, claro). E, por suposto, os pallasos coa
divertida batalla de tortas. |
|