| Pepe Carreiro:
O segredo do Carballiño Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007 |
![]() |
Os
avós dos Bolechas van ao Carballiño a tomar as augas no balneario
e os netos aproveitan para ir á casa da amiga Emilia. Dormen na casa da
avoa dela, que é polbeira. Ao día seguinte cando están
cunha amiga pasa Xoán, un rapaz que lle gusta. Comenta que se vai
poñer guapa para el na festa estreando roupa, e a amiga cóntallo
a outra e esta a outro e ao final todos os amigos coñecen o seu segredo.
Ao día seguinte, na festa do polbo, o rapaz regálalle un ramo de
flores e así a festa é completa. |
|