| Pepe Carreiro:
Os Bolechas van en caravana Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas, 30. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003 |
![]() |
Os
Bolechas van de viaxe en caravana. É como ir nunha casa portátil.
Ten de todo: auga, ducha, cociña, camas, váter... Papá
Bolechas quenta leite para a merenda. Todos os irmáns van tomar galletas
con leite, agás Tatá, que toma papa pois non ten dentes e Chispa,
comida para cans. A estrada está chea de curvas. Alá van as
galletas e a papa... Menos mal que Carlos para as cuncas co brazo. |
|