| Pepe Carreiro:
O autobús escolar Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas en banda deseñada, 2. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008 |
![]() |
Toca erguerse para ir ao colexio, pero Braulio ten aínda
tanto sono que se lía vestíndose e os irmáns Bolechas
acaban perdendo o autobús. Menos mal que pasa pola parada a mai dunha
compañeira e conseguen meterse no seu coche, que por certo xa ía
cheo. Até que queda sen gasolina. Entón cámbianse para o
do pai doutro compañeiro: un camión de formigón, que vai
remexendo polo camiño e fai que todos os viaxeiros treman. En todo caso,
acaban con ben a aventura: conseguen chegar á escola á
hora. |
|