blix



Pepe Carreiro: Os Bolechas van en ascensor
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas, 33. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

Os Bolechas van en ascensor

Os Bolechas veñen de xogar no parque. No portal da casa, Braulio chama o ascensor pois non quere subir polas escaleiras porque vén canso. Pili advírtelle que os nenos non poden ir sós no ascensor mais cando se dá conta xa se pechou a porta. E Chispa coárase dentro. Os irmáns apuran polas escaleiras e de súpeto soa a alarma: o ascensor quedou trabado entre dous pisos. Braulio está nervosísimo e Chispa asustado. Un veciño, que ten unha chave para abrir os ascensores dende fóra, fixo que puidesen saír os dous encerrados entre a alegría de todos.
Pero, eso si, non han volver subir sós no ascensor.

20 p. - 17x17 cm.                                               ISBN     84-96403-36-X



Opinion