blix



Pepe Carreiro: Os Bolechas van á aldea
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Bolechas, 15. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2001

Os Bolechas van á aldea

Os irmáns Bolechas van visitar a curmá Flora á aldea. Pasean no cabalo, intentan muxir as vacas, visitan o cortello dos porcos... e Chispa cos seus novos amigos, os cans de palleiro, arma un bo rebumbio entrando no galiñeiro. Pero, ¡coidado!, Loli está deitada na herba, e hai unha cobra. Flora sabe que non é velenosa, cóllea toda tranquila co galleiro e sácaa do curral. Logo, merendan chourizos, leite... Todo da casa.
E volven contentos á cidade. Foi un gran día.

20 p. - 17x17 cm.                                               ISBN    85-95350-77-7



Opinion