| Mª Teresa
Santamaría Hervella: A bolboreta
Doreta Ilustracións de Marta Álvarez Miguéns Col. Xiz de Cor, 17. Ed. Baía. A Coruña, 2008 |
|
Conta unha voz infantil que unha bolboreta voaba polo patio do
colexio e fixéronse amigos dela, poñéndolle o nome de
Doreta. Un día puxo os ovos nunha verza e, como tiña que marchar,
encargoulles que mirasen por deles. Consultaron nun libro da biblioteca e
prepararon unha caixa na que meteron a folla da verza cos ovos. Logo
saíron dos ovos unhas eiruguiñas, ás que lles cambiaban a
verza para que cada día tivesen comida fresca. Medraron,
convertéronse en crisálidas, que outro día xa eran
bolboretiñas amarelas, que non tardaron en voar en liberdade, entre a
alegría de todo o colexio. |
|