blix



Manuel María: O bigote de Mimí
Ilustracións de Suso Cubeiro

Col. Montaña Encantada. Serie Vermella
Ed. Everest Galicia. León, 2003

O bigote de Mimí

Fiz vivía nas aforas da vila nunha casa con xardín, que vixiaba Pufi, un cadeliño moi intelixente. Era moi amigo de Mimí, o gato, que se encargaba de que non houbese ratos na casa. Cada vez que pillaba un, recibía como premio unhas galletas de chocolate con café negro (por certo, só o día do seu santo o acompañaba cunha copa de champaña e un puro habano). Era moi fermoso cos seus ollos azuis, verdes e marróns, igualiños que os bigotes, que gobernaba a conciencia diante do espello. Ademais, cando había visita na casa perfumábase e poñia gravata de lazo no pescozo e luvas.
Un día Fiz viu na barbería de Manuel de Paderna como este afeitaba a seu pai. Á volta na casa, ocorréuselle afeitarlle o bigote a Mimí, para que lucise máis. O eficaz murador quedou tan ridículo que os ratos, ao que o viron, perdéronlle o respecto e ríronse del. Mais Fiz deu coa solución. Recolleu os pelos do bigote e levou a Mimí onda Manuel de Paderna. Este fíxolle un esconxuro e colocoulle barba e uns bigotes coas sete cores do arco da vella. Só de verllo, os ratos caían mortos redondos.
Mimí viviu moitos anos, tantos que mesmo chegou a cobrar a xubilación. E tocante aos ratos: non se volveu ver nin o primeiro en toda a vila.

55 p. - 12x19 cm.                                                            ISBN    84-403-0422-6



Opinion