blix



Ramón Caride: Bertiño Rompetodo
Ilustracións de Chus Ferrín
. Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2008

Bertiņo Rompetodo

Bertiño é un meniño que rompe canto hai. Hoxe ao vir da gardería decidiu facer el a merenda: bateu cola-cao con marmelo, caldo e xeado de postre e deixou a cociña toda emporcada, que o pai acudiu a limpar coa fregona, caendo escarranchado. Metérono no parque a proba de nenos e, como había un andel preto, agatuñou librería arriba á procura dun conto, cedendo andel e libros. Abriu logo a mangueira para regar as secas macetas da terraza e a inundación encheu o salón de terra, de lama os sofás e de choiva as cabezas dos paseantes. Ocorréuselle que o michiño necesitaba aseo e arrastrouno polo rabo, acabando polo chan o armario, as cortinas e todo o cuarto de baño.
En fin, todos tremen cando el chega: na gardería, por non aturalo, moitas coidadoras mudan de traballo. Pon a consulta do pediatra patas para arriba, polo que pais e nais saen fungando cos seus nenos e as enfermeiras desertan. Cos oídos zumbando de tantas protestas dos veciños, os pais de Bertiño liscan a vivir no medio do campo.
Un día que a nai invitou a cear á directora da empresa de materiais de construción, el esnaquizou a vaixela, fíxolle triscos o bolso, furou o mantel cos garfos e acabou pegando os tres con pegamento ás cadeiras. Pero pagoulles a pena pois agora é o encargado do control de calidade: deixan xogar a Bertiño coas cousas. Se el non as fai ciscallo, son de resistencia máxima!

32 p. - 18x20 cm.                                                        ISBN    978-84-9782-741-6



Opinion