blix



Manuel María: Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo
Deseño gráfico e ilustracións de P. A. Estévez

Asociación Socio-Pedagóxica Galega / Edicións Xistral. Vigo, 1981

Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiņa de toxo

A espiña de toxo, que aínda que ten cara fera nunca lle fixo mal a ninguén, quere ser amiga da folla de carballo. Pero esta desprézaa: mentres que ela é unha señora sentada nun trono, a espiña de toxo vive no chan. A discusión acaba en pelexa, na que a folla de carballo se bota á espiña.
Entón comeza o calvario de Berenguela: un Garda lévaa detida conducíndoa ante o Xuíz, quen non cre na súa inocencia, pois é unha espiña feridora; este mándalla ao Alcalde, que a considera unha Espiña Rebelde, unha drogada anarquista... e chama o Recadador para que lle cobre os trabucos municipais, pois non pagara ningún alegando que vive no monte e non ten casa. Este, ante a imposibilidade de cobrarlle, pois ata a primavera non terá con qué pagar, chama o Crego, quen, por máis que ela lle di amén a todo, conclúe que ten o demo metido no corpo. Remata na cadea, onde, segundo o Carcereiro, vai botar cen anos e un día. Pero acode liberala o Espírito do Monte: levaraa á bouza máis perdida, onde terá por compañeiras ás nubes, os animais ceibes e os aires puros. Sopra e caen esborrallados os muros da cadea. Volve ser libre, Berenguela.
Peciña de teatro distribuída en nove actos breves, editada cun orixinal e atractivo deseño.

24 p. - 21x20 cm.                                                              ISBN    84-85271-27-0



.  
RECENSIÓNS

  .  "Berenguela", de Manuel María (La Voz de Galicia)



Opinion