| Patacrúa: Bebé bigotes Ilustracións de Alessandra Cimatoribus Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006 |
|
Un
vello moi vello e unha vella moi vella que soñaban con ter un
bebé fixeron unha nena de pau, pero era demasiado dura; un neno de
trapo, demasiado brando; outro de fariña, que os ratos rillaron.
Pensaron entón en encargar un xa feito. Escribiron a carta aos Reis
Magos, mensaxes ás cegoñas, tiraron moedas no pozo dos desexos...
e nada. O vello, farto, dixolle á vella que se quería ter un neno
ía ter que sacalo da barriga. |
|
|