blix



Iván Sende: Bea
Ilustracións de Iván Sende
. Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2008


Bea

Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena.
E como as nenas de hoxe en día quere quedar cinco minutos máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Ten dúas irmás: Cris, de cinco anos, e Raquel, que aínda é un bebé. O seu pai achégaa cada día á escola no seu seiscentos, un coche moi pavero que había daquela. Ás veces pensa no que vai ser de maior: deportista, bandoleira ou astronauta. Merenda vendo na tele os debuxos de Maya, que son os seus favoritos. Antes de saír á rúa xogar ten que rematar os deberes. Non ten teléfono móbil, polo que cando quere quedar cunha amiga ten que ir á súa casa chamala. Se non pode vir, xoga soa á mariola. De volta na casa axuda á súa nai a bañar a Raquel. E ao final do día está tan cansa que non cómpre mandala deitar. Aínda que ás veces colle a radio na que o pai escoita os partidos, busca unha emisora con cancións e baila inventando os pasos, porque bailar é o que máis lle gusta.
Pero xa está ben: deixémola durmir, pois está cansa. Boa noite!

32 p. - 18x20 cm.                                                        ISBN    978-84-7982-742-3



Opinion