| Tareixa Alonso:
Barbazul Ilustracións de Carles Arbat Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002 |
|
Había unha vez un home moi rico co que ningunha moza
quería casar porque tiña a barba de cor azul. Ademais, casara xa
varias veces e ninguén sabía qué acontecera coas
anteriores mulleres. Pero finalmente, con amabilidade e moita festa, conseguiu
que a filla máis nova dunha veciña o aceptase. Un día que
tivo que saír de viaxe, deixoulle as chaves do castelo á muller,
avisándoa de que non se lle ocorrese entrar no gabinete. Picada pola
curiosidade, entrou, descubrindo os corpos descabezados das outras esposas. Co
susto caeulle a chave ao chan e manchóuselle de sangue, que non lle deu
quitado por máis que fregou nela, pois estaba encantada. |
|
|