blix



Mon Daporta Padín: A banda dos ratos
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os amigos da rata Luísa, 10. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

A banda dos ratos

No pobo dos ratos é moi común a afección musical. Os propios curmáns de Luísa armaron unha banda que toca de medo. Cada un toca un instrumento: o saxo, o trombón, a trompeta, o tambor, o bombo, a frauta, o clarinete, a gaita, os pratos, ou a tuba. Roberto é o que dirixe coa súa batuta. E, cando desfila polas rúas, todos os veciños saen para oíla.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                            ISBN    84-95350-44-0



Opinion