| Xulio Gayoso:
A Banda de Vilacendoi Ilustracións de Xulio Gayoso Col. Maremar. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2006 |
|
Conta a voz dun ancián que a aldea de Vilacendoi
está no medio dun souto dende hai centos de anos. Sempre houbo nela
moito gando e xente, sobre todo, rapaces e rapazas. Era coñecida en toda
a bisbarra por ter unha banda de música popular, que acudía
ás festas das aldeas próximas e mesmo chegou a tocar na capital.
Acompañaba coas súas notas tristes os enterros, o domingo se o
tempo o permitía tocaba no quiosco da música, pero a súa
especialidade era facer festa rachada, cun amplo repertorio que mesmo
incluía salsa do Caribe. |
|
|
|||||||||||||